top of page

FERNANDO IGLESIAS

Mestre de Narrativa / Cor Tradicional / Debuxo BD e Proxectos

Vilagarcía de Arousa, 1967.

 

Fernando Iglesias alias “KOHEL”, comezou a debuxar profesionalmente cara a 1987, no suplemento universitario do Correo Galego.

 

Aínda que traballou en publicidade e ilustrou algún libro, sobre todo considérase debuxante de bandas deseñadas, que veu publicando en diversos fanzines, diarios e revistas (O Correo Galego, Diario de Pontevedra, Xornal de Galicia, revista Compostelán, Injuve, Zona84, Elipse, NSLM, 2veces Breve, Fronte Comixario, Barsowia, BDbanda...) desde os primeiros anos 90.

 

Entre as obras que tiveron unha certa repercusión están "GORKA" (1998, con Carlos Portela e Sergi Sanjulián, para Planeta de Agostini Cómics) e "IMPRESIONES DE L A ISLA" (1993-1994, con Carlos Portela, para Camaleón Ediciones, que obtén 3 nomeamentos, dous ao autor revelación -a primeira vez que un guionista era considerado "autor"- e outra ao mellor guión, no Salón de Barcelona 1994). Esta última recuperaríaa máis tarde no Diario de Pontevedra como páxina dominical, formato e xornal no que tamén publicou "O cinema de papel", e publicou durante 10 anos (e un máis, no Xornal de Galicia) unha viñeta diaria de carácter político coa firma de "Orballo".

 

Colabora coa revista satírica "Retranca", e a infantil "Fiz" (Frankie Viktorstein). Ten tantas tarefas pendentes que os cómics e cómics que aínda non fixo vánselle a volver novelas gráficas.

https://www.facebook.com/impresiones.de.la.isla

 

Please reload

bottom of page