top of page

A ESCOLA

O Garaxe Hermético, é a primeira Escola Profesional de Banda Deseñada e ilustración de Galicia, fundada por Kiko da Silva no ano 2012.

A escola nace para formar de maneira profesional a autores de BD e ilustradores. As clases están impartidas por Profesionais da BD e a ilustración en activo, cunha ampla e recoñecida experiencia no sector.

 

O Garaxe Hermético, é unha escola privada,  cunha titulación privada. Para nós o importante é formar profesionais e que acaben publicando os seus traballos, xa que nesta profesión o que realmente conta é o nivel profesional do teu traballo non un título. A escola conta cunhas instalacións de 220 metros cadrados, dotadas con aulas con ordenadores, mesas de luz, mesas de debuxo, BDteca e Sala de Exposicións.

 

No curso ensinarémosvos a facer un book profesional para ensinar aos editores, aos que levaremos á escola para ver os vosos traballos. Ademais de que daremos un premio final de carreira ao mellor traballo, que consistirá na PUBLICACIÓN da obra coa editorial RETRANCA.

 

A parte dos cursos anuais impártense Clases Maxistrais de autores profesionais  de carácter gratuíto para os alumnos matriculados nalgún dos cursos anuais e con prezos moi asequibles para non matriculados.

bottom of page