top of page

Convócase o 7º Premio “O GARAXE HERMÉTICO” de Banda Deseñada

Dada a nova realidade creativa que dende o ano 2012 está a agromar en Galicia nas aulas da Escola Profesional de Banda Deseñada O Garaxe Hermético, e dado o compromiso de Editorial Galaxia para fortalecer as canles de publicación de 

obras de cómic en lingua galega, ambas as empresas uníronse para convocar o:

VII PREMIO O GARAXE HERMÉTICO DE BANDA DESEÑADA

​

O obxectivo deste premio é abrir oportunidades laborais para o alumnado

dos cursos profesionais de Banda Deseñada de O Garaxe Hermético, tanto para

o que está rematando como para o que xa rematou a súa formación.

​

Pretendemos que a primeira obra destes novos autores e autoras sexa publicada en galego e así contribuír á vitalidade e solidez da BD de noso, a prol dunha maior profesionalización e competencia. Finalmente, tamén é o noso desexo fomentar a creación de BD para lectorado infantil e xuvenil en galego, co fin de reforzar 

unha base lectora firme que afiance un futuro esperanzador.

​

ENDEREZO PARA ENVÍO DOS ORIXINAIS:

Rúa Álvaro Cunqueiro nº 4 baixo
36002 Pontevedra
Tlf: 610 33 73 12
www.ogaraxehermetico.com

 

bottom of page