top of page

KIKO DA SILVA

Director

Premio Castelao Cómic 2014

Mestre de Guión / Debuxo BD/ Cor Tradicional/ Historia BD e Dereitos de Autor

 

Vigo, 1979 Autor de Banda Deseñada , Ilustrador e editor.

 

Leva traballando de maneira profesional dende o ano 1998 . Publica diariamente 2 viñetas no xornal La Voz de Galicia. E semanalmente a serie A LA PUTA CALLE  na revista EL JUEVES. Tamén publicou a serie FIZ na revista Golfiño e as series CLASES CON GUASA e TURISTEO, na revista MISTER K  editada por EL JUEVES.

 

No campo da ilustración especializouse como autor de álbumes ilustrados: MONCHO E A MANCHA ,  A MEMORIA DAS ÁRBORES, CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS, RATO DE CAMPO E RATO DE CIDADE, SAR E SARELA E OS MONSTROS DE COMPOSTELA  ou QUE CONTAN AS OVELLAS PARA DURMIR, son algúns dos seus libros máis destacados.

 

Comezou a súa faceta como editor sendo o fundador xunto co libreiro Cano Paz da revista BD banda (Premio Saló de Barcelna no ano 2007), e dirixindo a colección BD banda de Faktoría K de libros.  Actualmente ademais de continuar a súa labor no Colectivo BD banda fundou a súa propia editorial RETRANCA EDITORA, na que edita as revistas FIZ e RETRANCA (Esta última recoñecida co premio do público á mellor revista no Saló do Cómic de Barcelona 2007).

Gañou o Premio Castelao de BD no ano 2014 coa obra O INFERNO DO DEBUXANTE, editado en castelán pola editorial Dibbuks.

 

Realizou centos de cartaces, para obras de teatro, Salóns do libro e festas do Entroido, e ten ilustrados con murais as salas infantís das Bibliotecas públicas de Pontevedra e Ribadavia. Tamén impartiu  máis de un milleiro de obradoiros de BD e ilustración, tanto para nenos como para adultos e profesores, en Galicia, Portugal, España, Francia e Italia.

 

Nestos momentos está inmerso na realización da súa obra máis longa, BAIXO A SOMBRA DAS PEDRAS FLOTANTES,  unha Novela Gráfica  de ciencia ficción que supón un novo cambio de rexistro na súa ecléctica carreira e pola que recibiu unha beca da Fundación Arte y Derecho  no ano 2011.

Please reload

bottom of page