top of page

MIGUELANXO PRADO

Premio Nacional de Comic 2014 / Mestre de Proxectos

A Coruña, 1958 Autor de Banda Deseñada e Animador.

 

Miguelanxo Prado é sen dubida o  autor galego máis coñecido internacionalmente sobre todo polo álbum Trazo de Xiz (1993), premiado en Barcelona e Angoulême, e a serie de historietas curtas humorísticas Quotidianía Delirante, realizadas para a revista El Jueves.

 

É un dos autores españois máis respectados internacionalmente, que chegou a ser reclamado polo guionista Neil Gaiman para colaborar nun especial de The Sandman no que tamén participou Milo Manara.

 

Tamén é ilustrador e traballou en animación para cinema (De Profundis e Men in Blcak) e TV. Pola sua extensa novela gráfica Ardalén (2012) recibiu o Premio Nacional 2014. Acaba de publicar o seu novo libro Presas Fáciles, un thriler policíaco sobre as Preferentes.

Please reload

bottom of page