FRAN BUENO

Premio Castelao de BD 2013

Mestre de Entintado Tradicional e Destrezas Gráficas

Santiago de Compostela, 1967

 

Foi o primeiro autor galego en traballar profesionalmente no sector comercial do cómic estadounidense. Os seus primeiros traballos apareceron en publicacións míticas como TOTEM, FRENTE COMIXARIO, DIARIO 16, ELIPSE ou CONCIENCIA PLANETARIA. Realizou o álbum O MÁXICO ARRECENDO para a editorial Vía Láctea e debuxou tres bandas deseñadas para a Sección de Ciencia, Ténica e Sociedade do Consello da Cultura Galega, asinando as dúas primeiras coa factoría creativa na que entón traballaba, o Estudo Tangaraño, en canto a última PARANDO A MAREA NEGRA a fixo el só.

 

Estes cómics foron guionizados por Marilar Aleixandre, á que o une unha longa traxectoria de colaboración, que abrangue tamén a serie OS ESCACHAPEDRAS, publicada nas dúas estapas da revista GOLFIÑO.

 

Participou en diversas exposicións entre as que se contan O CÓMIC EN GALICIA / 1993, Vi;etas desde o Atlántico / 199, 2001, 2002 e o Salón de BD de Cangas 2001.

 

A súa proxección internacional chega através da revista francesa Lanfeust e da serie NOBLES CAUSES para o selo norteamericano IMAGE. Obra que foi recentemente publicada en Galego por El Patito Editorial.

 

Foi gañador do PREMIO CASTELAO 2013 coa obra "Catálogo oneroso de belleza gratuita".

Please reload